Mitoloxía, crenzas e verdades da informática insegura en EEEP Santiago

Mitoloxíacrenzas e verdades da informática insegura

Na actualidade grazas a que os medios telemáticos presentan características como son a universalidade e accesibilidade e grazas tamén a que son tecnoloxicamente medios débiles e vulnerables, fan que os mesmos sexan mecanismos que permiten desenrolar novos patróns delictivos e axudan a  desenvolver con maior facilidade actividades ilícitas.

Se a isto xuntanos que ata non fai moito faltaba control policial para vixialos e regulación e lexislación para controlalos, o uso dos mesmos como ferramentas para desempeñar este tipo de actividades acrecentouse.

¿É o descoñecemento do medio o que non ofrece una garantía para poder traballar de forma segura nel? ¿Temos a capacidade de asumir riscos a hora de traballar con el? ¿Que diferenzas existen con respecto o “mundo físico” onde si existe ese coñecemento e asumimos riscos? ¿Existe o mesmo nivel de exposición ante ameazas e riscos no mundo virtual? ¿Son tan perigosos os ciberdelincuentes e hackers ou existe certa empatía ó consideralos uns transgresores ante o control dos medios telemáticos polos estados? ¿Existe tal control? ¿Son os medios telemáticos novas armas para delinquir ou para destruír? ¿Os gobernos están interesados no seu control? ¿Son os conflitos actuais escenarios de ciberguerras?

O longo desta charla trataremos de dar una visión a seguridade nos medios telemáticos, responder a todas estas cuestión e intentar desmitificar certas ideas e crenzas.

Anxo Alvarez Iglesias

Anxo Alvarez Iglesias (Santiago de Compostela, 1968) é Licenciado en Informática pola Universidade da Coruña (1995) e Especialista en Servizos Telemáticos/Posgrao en Telemática  pola Universidade da Coruña e Centro de Estudos Caixa Galicia (1998).

Sen iniciar seus estudos universitarios, comezou súa actividade profesional no mundo das Tecnoloxías da Información en 1990 e dende finais de 1998 especializouse en Seguridade en Sistemas de Información desenrolando ata actualidade diversos traballos e proxectos en diferentes  sectores.

Entre 2000 e 2003 dirixiu a primeira e única compañía en Galicia que tiña un enfoque orientado a prestar servizos de Certificación Electrónica  e Firma Dixital (Unicom). Pero ante un mercado inmaturo e unha indefinición en materia lexislativa, o proxecto finalmente non continuou adiante.

O longo de súa traxectoria profesional colaborou como profesor en diferentes Másters na Universidade de Santiago de Compostela (Máster en Comercio Electrónico - 2001) e na Universidade da Coruña (Máster en Seguridade Técnica e Legal en Internet - 2002) e durante o período 2002-2004 compaxinou súa labor no sector privado  como profesor asociado na Universidade de Santiago de Compostela.

Ten escrito artigos técnicos para publicacións do sector (revista SIC) e colaborado e participado en diferentes foros tecnolóxicos (eGallaecia, Galicia TIC, APD, Inforensino).

Nos últimos 5 anos aproximouse o mundo de ciberdelincuencia, ciberataques e a seguridade en Internet onde actualmente desenrola súa actividade profesional. A diferenza de outros profesionais e “actores” do sector da Seguridade nas Tecnoloxías da Información, entende que no mesmo (o igual que na  seguridade do “mundo físico”) o anonimato é una medida máis de defensa polo que considera que non é relevante e sobre todo conveniente indicar onde, para quen traballa e que fai en concreto na actualidade.

La charla quedará así el VIERNES 29 DE NOVIEMBRE DE 2013:

- 20h-21.00h: reunión en el pub para probar los equipos y demás.

- 21.00h - 21.05h: Manuel Collado introduce la idea de Escépticos en el Pub.

- 21.05h - 21.10h: presentación del ponente.

- 21.10 - 22.10: Conferencia a cargo del ponente.

-22.10 - 22.30h: Preguntas. Modera Manuel Vicente.

Luego tomamos unas cervezas y seguimos preguntándonos cosas.

Como novedad este año hemos pensado en la posibilidad de hacer una cena con el ponente en el mismo Pub Kunsthalle tras la charla (hay que confirmar, 15-20€/persona).