Fallecimiento de Xan Caínzos

Con gran tristeza hemos conocido la muerte de nuestro socio ​Juan Manuel Caínzos Prieto. Así lo dio a conocer ayer viernes la Universidad de Santiago de Compostela en el siguiente comunicado:

A Universidade de Santiago de Compostela manifesta o seu pesar polo recente falecemento do profesor do Departamento de Análise Matemática Juan Manuel Caínzos Prieto. O equipo de dirección da Facultade, encabezado pola súa decana Victoria Otero, e o Departamento de Análise Matemática, representado polo seu director Alberto Cabada, trasladaron expresamente as condolencias á familia do que foi docente desta universidade durante trinta e cinco anos. 
 
Juan Manuel Caínzos Prieto (Ferrol, 1955) licenciouse en Matemáticas pola USC en 1977, doutorándose na mesma Universidade en 1983. Impartiu docencia no Colexio Universitario de Lugo e nas Facultades de Bioloxía, Física e Matemáticas. As súas liñas de investigación centráronse no estudo dos problemas integro-diferenciais e da teoría espectral.

Además de un socio muy antiguo y querido, Xan Caínzos deja también muchos amigos en la lista de correos "escépticos", cuyas intervenciones habían dejado de ser tan fluidas a raíz de su estado de salud.

Desde ARP-SAPC queremos mostrar nuestro pesar por el fallecimiento de Xan, y dar nuestras más sentidas condolencias a su familia.

Comentarios

Home peculiar, moitos o considerarían incluso un chisco escéntrico, cunha intelixencia que non debera deixar indiferente a ninguén, e unhas ansias de saber que o acompañaron ó longo da súa vida. A súa gran paixón era a historia, carreira que lle houbera gustado estudiar, porén, decantouse polas matemáticas, ciencia que dominaba en moitas das súas áreas. Ó seu día a día desenrolábase rodeado de libros, que leía incesantemente, sen importar o xénero, o autor, a temática, a extensión... Nunca coñecín a ninguén que lera e tivese tantos libros... Era unha persoa cos ideais moi claros, e os defendía con carácter e argumentos.

Extrañereite Xanciño... espero que onde estés sepan facer o café como a ti che gusta...

Xan foi o meu profesor de 'métodos' no curso 85-86 na licenciatura de física na USC. Aprendín moito con el, e o lembro como un magnífico docente que trata aos seus alumnos como adultos, e lles sabe transmitir que eles son os principais responsables da súa propia formación. Moitos anos despois tamén me axudou a tomar a decisión de matricularme no Master en Enxeñaría Matemática, e mais a elixir as matérias máis concordes cos meus obxectivos. GRAZAS XAN. Descansa en paz. Santi.

Hace ya más de treinta años que dejé Santiago y me vine a Extremadura, y no son muchas, claro está, las personas que recuerdo de aquellos tiempos. Caínzos era una de ellas y hoy, al leer en el Boletín de la RSMAE la noticia de su muerte, me ha impresionado mucho. Visto por un viejo profesor suyo de 70 años, está claro que era todavía un hombre joven y que, desde luego, todavía no le tocaba. Bien sé que al decir eso estoy diciendo una tontería, pero es esa la sensación que tengo.
No sé cual era su situación familiar, pero a los familiares y a los actuales compañeros en Santiago van dirigidas estas palabras, que bien quisiera uno que sirvieran de consuelo.
Carlos Benítez, [email protected]