Radiación, Teléfonos Móbiles e Saúde, en Escépticos en el Pub Santiago

RADIACIÓN, TELÉFONOS MÓBILES E SAÚDE
 
O desenvolvemento extraordinario da telefonía móbil e da tecnoloxía asociada ao seu uso, ten orixinado un certo temor na poboación menos informada, algo bastante común ao longo da historia cos produtos do desenvolvemento técnico. Neste caso, o medo á radiación dos teléfonos móbiles e das súas antenas de cobertura é simplemente produto da falta de coñecemento e de cultura científica da poboación, alimentada polo afán sensacionalista dos medios de comunicación e o ánimo de lucro dalgúns delincuentes que sosteñen ese temor para vender supostos aparatos anti-radiación. Todos eses temores disípanse cunha ollada ao coñecemento que nos ofrece a Física sobre a materia e a enerxía.
Na charla describirei algúns principios básicos sobre a organización da materia e a enerxía no universo, segundo o modelo estándar da Física actual. A continuación describirei como pode esa enerxía afectar aos tecidos vivos, especialmente ao cerebro, con algúns exemplos de experimentos nos que se somete o sistema nervioso a doses altas de radiación electromagnética ou a campos magnéticos moi intensos.
A conclusión é que, aínda que a radiación electromagnética interacciona coa materia (non pode non facelo), a frecuencia e a intensidade utilizada tanto polos teléfonos móbiles como polas antenas que dan cobertura, non poden causar, ata onde sabemos, problemas de saúde nos tecidos humano.
 
 
CURRICULUM VITAE.
 
Xurxo Mariño Alfonso (Lugo, 1969) é biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1998), profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña e imparte materias en centros universitarios da Coruña, Ferrol e Santiago. É membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega.
 
Especializado en neurofisioloxía, fai parte do grupo de investigación Neurocom da UDC, así como de varias sociedades científicas estatais e internacionais. Ten publicado traballos de investigación en prestixiosas revistas especializadas e colaborado co Massachusetts Institute of Technology (MIT).
 
Realiza múltiples actividades de divulgación do coñecemento científico, procurando ademais a interacción co mundo das humanidades. Ten publicado os libros “Os dados do reloxeiro. Ciencia amena para mentes inquietas”(Consello da Cultura Galega, 2005), “Po de estrelas” (Consello da Cultura Galega, 2008) e “Neurociencia para Julia” (Laetoli, 2012); colabora, entre outros, co portal Culturagalega.org na sección ADN e coa web de divulgación Naukas.com; organiza por toda Galicia os “Café-teatro-científicos”, unha amena actividade divulgativa que leva a ciencia ata os bares; e desenvolve outras actividades de divulgación como os “Discurshows” –unha mestura de charla e teatro–, ou os “monólogos” do espazo de ciencia e tecnoloxía da TVG “Conexións”. No ano 2011 levou o Premio Especial do Xurado do “I Certamen FECYT de Comunicación Científica”.
 
WEBS PARA LEER SOBRE O AUTOR:
 
 
La charla quedará así el VIERNES 28 DE JUNIO DE 2013:
 
- 20h-21.00h: reunión en el pub para probar los equipos y demás.
- 21.00h - 21.05h: Manuel Collado introduce la idea de Escépticos en el Pub.
- 21.05h - 21.10h: presentación del ponente.
- 21.10 - 22.10: Conferencia a cargo del ponente.
-22.10 - 22.30h: Preguntas. Modera Manuel Vicente.
 
Luego tomamos unas cervezas y seguimos preguntándonos cosas.